Iniciación á investigación

Acceso ás fontes

Sen dúbida, unha das tarefas máis custosas na investigación en humanidades é o acceso ás fontes. Moitos libros son caros, por non falar do acceso a publicacións en liña en mans de grandes multinacionais. Estas dificultades vense sensibelmente reducidas cando a nosa biblioteca universitaria é rica en fondos materiais (libros e artigos) e outorga acceso a bases de datos e publicacións en liña.

Para as fontes físicas, realiza a túa procura de libros no catálogo Iacobus e no Catálogo de revistas para este tipo de fontes.

No caso da Biblioteca Universitaria da Universidade de Santiago de Compostela, o acceso ás fontes electrónicas pode realizarse mediante distintos repertorios, coma JSTOR, LION – Literature Online ou a MLA International Bibliography with full text. Dende a web da Biblioteca Universitaria, o acceso a ditos repertorios pode realizarse premendo na ligazón para Bases de datos. Tamén convén revisar o Catálogo de revistas electrónicas.

Cando se esgotaron todas estas vías e non logramos atopar a fonte que necesitamos, hai outras vías, que se recollen no gráfico inferior.