Estado da cuestión
O “estado da cuestión” consiste na compilación e revisión de todos aqueles estudos realizados sobre o ámbito no que se vai traballar. Calquera investigación debe iniciarse cun estado da cuestión, xa que a oportunidade e validez da investigación que se vai emprender depende do coñecemento dos estudos previos e a súa comprensión. A nosa propia aportación, doutra banda, estará baseada, dunha banda, na profundización e rectificación do estado da cuestión ou, doutra banda, na identificación dunha lagoa, que o noso propio estudo vén encher. En casos extremos, o ámbito de traballo proposto non conta cunha tradición bibliográfica de seu, e o noso propio estudo ha iniciar dita tradición.
Calquera destas opcións (ou unha combinación delas) vai estar reflectida no ensaio, polo xeral na Introdución, nunha (sub)sección específica chamada “Estado da cuestión”. O diagrama inferior visualiza os obxectivos propios do estado da cuestión (literature review, en inglés).