A miña primeira vez
Se é a primeira vez que vas escribir un ensaio académico, convén que leas con moita atención o traballo de Olga Santesteban-Echarri e Nuria I. Núñez-Morales. Malia que non está concibido especificamente para o ámbito das humanidades, as súas reflexións son igualmente válidas e valiosas, xa que a comunicación científica garda enormes semellanzas nas distintas disciplinas. Pódese acceder ao mencionado traballo premendo na imaxe inferior.

Trala lectura inicial de Santesteban-Echarri e Núñez-Morales, a consulta da Guía para la producción de artículos académicos con fines de publicación, de Elvia Estefanía López Vera, é tamén moi útil. Que non te enganen as etiquetas: o dito para producir un “artigo académico” é igualmente válido para un capítulo de libro, traballo de fin de grao, traballo de fin de mestrado, tese de doutoramento, monográfico, etc. A principal diferenza vén dada pola extensión, dende a 5.000/6.000 palabras propias dun artigo/capítulo do libro até o número de palabras fixado para cada variante. E con “fins de publicación” enténdese o nivel que todo traballo académico debe procurar, con independencia de que se publique ou non. Podes acceder á Guía para la producción de artículos académicos con fines de publicación abaixo.